OurenseÚltima hora

Celebrando o Día das Aves no Parque Loña, en Ourense

Os Ecovixiantes de Franciscanas colocaron caixas de niños nas árbores de ribeira

 

Cunha xornada de concienciación celebraban un grupo dos Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense o Día das Aves neste martes 5 de outubro.

Así, acompañados polos mestres Cristina e Lalo e con material de Ecourense, os mozos acercábanse ata o Parque Lonia, en Ourense para observar aves nun bosque de ribeira, a carón do río Loña, colocar caixas de niños nas árbores e atender ás explicación sobre as especies da contorna.

Como bos ecovixiantes que son os alumnos tiveron ademais unha xornada de clasificación de residuos no contedor amarelo, dos envases que se xeran no colexio  Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense.

 

Preparando unha caixa de niño para colocar na árbore.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button