Galerías de fotosÚltima hora

Celebrando o Día Mundial da Árbore en Rubiá

Axentes do Distrito Forestal XIII e alumnos do CEIP Virxe do Camiño, plantaron exemplares de diferentes especies

As chuvias provocaron que tamén no concello de Rubiá tiveran que celebrar o Día Mundial da Árbores unhas semanas despois do previsto. Así, despois da plantación no Arboretum da Rúa, na mañá do 4 de abril, membros do Distrito Forestal XIII desprazábanse ata a zona coñecida como “a caseta dos cazadores” en Rubiá para realizar a plantación dunhas 21 árbores, contando coa colaboración dos alumnos do CEIP Virxe do Camiño.

Entre as especies que se plantaron en Rubiá hai bidueiros, rebolos, aciñeiras e freixos.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button