CulturaEducaciónÚltima hora

Celebrando o día mundial da árbore no Barco

Alumnos do CEIP Otero Pedrayo participaron na plantación realizada no Coutado de Viloira

Un ano máis Valdeorras súmase á celebración do día mundial da árbore cunha serie de actos organizados polo Distrito XIII Valdeorras-Trives.

O programa comezaba o 4 de marzo no colexio Pablo VI-Fátima da Rúa coa proxección dun documental, charlas e a visualización de instrumentos forestais, no que participaron uns 350 alumnos de Infantil, Primaria, ESO e 1º de Bacharelato. Os mesmos que unha semana máis tarde colaboraron na plantación de 50 árbores para conmemorar o 50º aniversario do colexio.

A seguinte actuación tiña lugar na mañá do 17 de marzo no Barco de Valdeorras. En torno aos 90 nenos de Primaria e ESO do colexio Otero Pedrayo e do IES Lauro Olmo, participaban na plantación de medio cento de árbores no monte O Coutado de Viloira.

A plantación continuará mañá 18 de marzo nos xardíns da Casa Grande de Viloira (dous exemplares) no que se espera que participen uns 46 nenos do Otero Pedrayo.

O mes completarase cunha mesa redonda sobre medio ambiente no Pablo VI-Fátima da Rúa, previsto para o xoves 19 de marzo no que participarán uns 280 menos de ESO e 1º de Bacharelato.

Tal como indica Isidro Martínez, axente forestal (BIIF) responsable da actividades, as especies plantadas son: vidueiro, rebolo, sobreira, freixo, pradairo e abeleira, entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button