CulturaCulturaÚltima hora

Celia Díaz presenta “A Boca do Monte” en Quiroga

O acto de presentación do seu último libro terá lugar o 20 de maio ás 19h. na Librería Celia desta vila
Celia Díaz, autora de "A Boca do Monte".
Celia Díaz, autora de “A Boca do Monte”.

Nas terras da súa nenez pousa a súa mirada literaria Celia Díaz Núñez no seu novo libro, “A Boca do Monte”, editado por Galaxia. Trátase dunha serie de relatos que conducen ao lector por unha época lonxana no tempo, a do Imperio Romano, pero moi próxima no espazo, as terras de Quiroga, e máis en concreto o túnel de Montefurado.

Portada deste libro de relatos editado por Galaxia./ Foto: Carlos G. Hervella.
Portada deste libro de relatos editado por Galaxia./ Foto: Carlos G. Hervella.

Un paseo pola historia, pero salpicado tamén de fantasía é o que propón nas páxinas deste volume a autora, residente en Ourense, pero vencellada tamén familiarmente a Quiroga, onde paseou parte da súa infancia. A presentación de “A Boca do Monte” está prevista para o vindeiro 20 de maio ás 19h. na Librería Celia de Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button
Close