OurenseÚltima hora

O cemiterio de San Francisco énchese de ourensáns que lembran aos seus defuntos

Tradición e fe uníronse na xornada de hoxe, 1 de novembro, na cidade. O coñecido como Día de Todos os Santos ou “Defuntos”, é unha ocasión na que as familias reúnense para ir visitar os camposantos onde teñen algún familiar enterrado.

Un dos cemiterios máis grandes da cidade é o de San Francisco, considerado Ben de Interese Cultural e lugar de descanso de grandes autores da literatura galega como Blanco Amor o Ben-Cho-Shey, entre outros. Durante toda a xornada, non deixaron de entrar persoas cargadas con flores para ornamentar as tumbas en símbolo de respecto.

Todo o mundo acudía con flores na man e o propio bispo de Ourense, Monseñor Leonardo Lemos Montanet, acudiu na tarde de hoxe a este camposanto para rezar canda aos fieis que alí acudían par visitar a tumba dos seus mortos. Leonardo Lemos tivo unhas palabras cos presente, facendo unha chamada “á esperanza” porque “ás veces nola poden roubar os sentimentos ou a dor, a perda dun ser querido”.

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button