DeportesÚltima hora

Un cento de alumnos barquenses de 3º de Primaria aprenderán natación

Participarán nun cursiño que se impartirá na piscina climatizada do Barco ata o 15 de maio
Interior da piscina climatizada do Barco.

A partires do luns 12 de marzo porase en marcha un cursiño de natación dirixido a alumnos de terceiro de Primaria dos centros educativos do Barco. Nel participarán un total de 111 rapaces de catro colexios: Condesa Fenosa, Divina Pastora, Otero Pedrayo e Julio Gurriarán. Son en total 8 sesións gratuítas para cada curso, coa idea de introducir dentro da programación de Educación Física a iniciación e/ou perfeccionamiento da natación.

Así durante o segundo e terceiro trimestre deste curso, os escolares recibirán estas clases que concluirán o martes 15 de maio. Esta acción formativa está subvencionada “na súa integridade pola Concellería de Deportes”, segundo se indica dende o Concello do Barco.

Tamén se matiza dende esta administración local que “dous dos centros necesitan transporte con bus para desprazar aos nenos: subvencionado tamén totalmente pola Concellería de Deportes. Hai unha nena con necesidades educativas especiais, que contará cunha monitora especializada e atención personalizada para que poida seguir esta actividade co resto de compañeiros de grupo/clase”.

Artigos relacionados

Back to top button