SanidadeÚltima hora

Un cento xubilados do Sergas de Ourense no 2017 reciben unha homenaxe

Foto de grupo dos homenaxeados.

Un total de 115 traballadores da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras recibiron hoxe, 24 de febreiro, unha sentida homenaxe tras a súa xubilación no pasado ano 2017. O acto celebrouse no Teatro Principal de Ourense.

Deste total de xubilados no Sergas, o grupo máis numeroso procede do CHUO, 80, mentres que 9 son do Barco de Valdeorras e 3 de Verín. Por último, 25 traballadores homenaxeados prestaron os seus servizos de Atención Primaria.

No acto participou a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, e o xerente de Xestión Integrada de Ourense, Dionisio López, e outros representantes do equipo directivo, xunto a estes traballadores homenaxeados e os seus familiares.

A delegada da Xunta salientou a “dedicación” destes traballadores e destacou a “importancia de honrar o labor dos diferentes colectivos que constitúen”. Asemade, falou da sanidade galega: “Temos unha sanidade que investiga, que forma magníficos profesionais, que prevén enfermidades, promove a saúde e ofrece unha atención primaria e hospitalaria de calidade”.

Artigos relacionados

Back to top button
Close