CulturaCulturaEntroido 2020Galerías de fotosÚltima hora

Centos de cigarróns abren o gran desfile do Domingo de Entroido en Verín

Os Arrieiros de Petín e os folións de Chandrexa e Verín puxeron o son tradicional ao día grande da festa na vila do Támega

 

As chocas xa comezaban a soar de boa mañá, mentres os participantes se ían preparando para o gran desfile matinal, pero era pasadas as doce do mediodía cando centos de cigarróns de todas as idades percorrían o centro da vila do Támega, abrindo unha multitudinaria comitiva con numerosas comparsas, carrozas, disfraces e folións que tomaban Verín neste Domingo de Entroido.

Era o día grande da festa en Verín e iso notábase en cada recuncho da vila pero moi especialmente do centro, por onde ían desfilando un a un os participantes, con fermosos e elaborados disfraces entre os que no faltaron as alusións a políticos corruptos, ao coronavirus e por suposto ao paritorio de Verín. Un espectáculo cheo de cor, orixinalidade e humor que se prolongou ata a hora de xantar.

 

Cigarrón de Verín.

 

O apartado musical da mañá correu a cargo da Banda de Gaitas de Verín e catro charangas: Los Támega, Vai de Baile, Jalácticos, Nova Terra de Trives e Fuego. Tampouco faltou o son tradicional a cargo dos Arrieiros de Petín que acudían ao desfile por primeira vez, e dos folións de Chandrexa e Verín.

O Martes de Entroido Verín acollerá o último desfile, desta volta pola tarde, a partir das 16:30 horas, repleto de máscaras, disfraces e grandes doses de humor, acompañadas de acordes musicais das charangas TámegaMil9 e Jalácticos, Trives e Fuego. Como non podería ser de outra maneira, a festa seguirá na praza Maior coas orquestras Miramar Finisterre.

 

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button