En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Centos de persoas desfrutan do II ViñoTapeo de Quereño

Gastronomía e viño aliábanse por segundo ano consecutivo no ViñoTapeo de Quereño. Esta celebración, promovida polos veciños desta localidade de Rubiá, reunía na tarde-noite do 11 de xuño a unhas cincocentas persoas. Taza en man, e ataviados cun pano azul escuro, os participantes percorrían as adegas instaladas en diferentes puntos do pobo. Nelas podían degustarse viños, refrescos ou auga, acompañados de elaborados e deliciosos pinchos (tanto quentes como fríos), e que eran diferentes en cada unha delas.

Ademais o ambiente estaba animado pola actuación dun grupo de gaiteiros. O percorrido concluía xa pasadas as once da noite na pista polideportiva de Quereño, onde se servía café, xunto con suculentos doces como bica.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button