OurenseÚltima hora

O centro penitenciario do Pereiro de Aguiar celebra o Día da Merced

O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, agradeceu o labor dos voluntarios,  Corpos e Forzas de Seguridade, funcionarios e familias polo seu traballo no centro

O Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar celebrou hoxe, 22 de setembro, a festividade do Día de la Merced. Hoxe, tocaba facer o acto central e entrega de distincións, aínda que o día grande será o vindeiro domingo, 24 de setembro. Tamén foi o momento de agradecer a todos os traballadores deste centro a súa labor levada a cabo diariamente cos presos. O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, lanzou unha mensaxe de “defensa á ultranza da esperanza, da ilusión e do anhelo en todas as facetas da existencia”.

“Creo que o converterme nunha persoa mellor, concentrándome na miña fe, fai que me sinta honrado cada vez que volvo a casa”. Tomando como exemplo esta frase do artista Mark Wahlberg, Castro quixo mandar unha mensaxe de alento para empezar de novo: “sobre o descalabro e a ruína debemos de ser capaces de construír un pavimento máis sólido, máis vivo e intelixente”, dixo.

Castro loou a aposta do Código Penal e da Constitución de facer que os centros penitenciarios sexan un mecanismo de reinserción “unha condición da que me sinto orgulloso”, dixo. Neste senso, o subdelegado do Goberno en Ourense definiu o centro do Pereiro de Aguiar con seis palabras: Intelixencia, medios, dedicación, esforzo, innovación e vangarda.

Castro quixo ter, tamén, dedicar unhas palabras aos familiares dos internos “que seguen crendo que outro camiño pode ser posible, si posible resulta reconducir pautas e comportamentos, sempre dende o convencemento persoal de que a elo están dispostos”. Tamén agradeceu o labor das administracións, institucións, organismos de voluntariado e ONG’s “por seres conscientes de que a esperanza e a crenza pertencen á vida mesma”.

Tampouco podían faltar as palabras de recoñecemento aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado “pola súa ancha, extensa e inmaculada implicación na seguridade e tranquilidade da cidadanía”, dixo Roberto Castro.

 

Artigos relacionados

Back to top button