OurenseÚltima hora

A CEO acorda aplazar as eleccións á presidencia da Confederación de Empresarios de Galicia

A Xunta Directiva da patronal ourensá tamén tratou temas coma o PXOM e a comisión de seguimento do AVE
A Xuntanza tivo lugar na sede da CEO na praza das Damas.

A Xunta Directiva da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) mantivo hoxe a súa reunión mensual e a primeira do ano. Nesta xuntanza tratáronse varios temas de interese para a patronal ourensá. En concreto, a CEO mostrouse favorable a un aplazamento das eleccións á presidencia da Confederación de Empresarios de Galicia. Esta postura está na liña coa defendida polos demais responsables das Confederacións provinciais no transcurso dunha xuntanza da xunta de vicepresidentes da CEG, que tivo lugar este martes en Lugo.

Asimesmo, a directiva acordou dirixirse ao Concello de Ourense en demanda de información sobre as últimas noticias que daban conta dun novo retraso en la tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), debido a un problema administrativo que impide aboar traballos adeudados ao equipo redactor. Os empresarios reiteraron a súa preocupación polas dilacións que sofre o PXOM, con grave dano para os intereses dos ourensáns e para o futuro da cidade. Por iso, chaman ás forzas políticas que integran a Corporación para que fagan o esforzo preciso co obxectivo de levar adianta o plan de urbanismo coas debidas garantías xurídicas que permitan salvar dunha vez a situación actual.

Finalmente, pedirán ao Concello o inicio do funcionamento da comisión de seguimento do AVE, tal e como se propuxo e decidiu hai un mes. Entenden os responsables da Confederación Empresarial que se trata dun asunto capital para o futuro da provincia de Ourense, polo que despois das dúbidas introducidas en torno aos prazos de finalización das obras nos últimos tempos, entenden que é preciso que unha comisión representativa da vida política, social e económica de Ourense siga con atención todo o relativo á entrada da alta velocidade ferroviaria a Galicia

.

Artigos relacionados

Back to top button