EconomíaEconomíaÚltima hora

A CEO dedica unha xornada ás consecuencias dos accidentes laborais nas empresas

Sala de Xuntas da Ceo durante a xornada informativa.

A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) acolleu na tarde do 6 de febreiro unha xornada sobre a potencial incidencia dos sinistros laborais nas empresas, baixo o título “Pode a súa empresa pechar como consecuencia dun accidente laboral. Protéxase fronte ao recargo de presentacións da Seguridade Social”. A organización correu a cargo da propia CEO en colaboración con S4 Correduría de Seguros e Xerencia de Riscos.

O contido foi o gran interese, sobre todo, porque trátase dunha cuestión que rara vez se debate en foros alleos ao ámbito dos riscos laborais. Así, se trataron potenciais situacións que poden colocar a empresa ante a pantasma de facer peligrar a viabilidade da mesma. Ademais, tamén se explicaron distintos escenarios que se xeran logo dun sinistro no traballo, tales como en que consiste o recargo de presentacións da Seguridade Social, como pode afectar ás empresas un accidente deste tipo ou que riscos podemos cubrir. Todo elo acompañado de exemplos reais de empresas que se viron afectados por un trance deste tipo.

Artigos relacionados

Back to top button