EconomíaEconomíaÚltima hora

CEO e Deputación forman aos empresarios en comercio internacional

Este progrma formativo está coordinado polo economista Jesús Albizu e ten como obxectivo orientar, apoiar e asesorar ás pequenas e medianas empresas ourensás
José Manuel Pérez Canal, Manuel Baltar e Jesús Albizu. 

A Deputación e a CEO decidiron apostar pola internacionalización das empresas ourensás, en concreto ás pequenas e medianas a través do convenio ExportOU. Por este motivo levaron a cabo unha acción formativa para empresarios sobre Comercio Internacional na que o economista Jesús Albizu ofreceu pautas para acceder ao mercado exterior e analizou aspectos normativos e de control para poder comercializar nos diferentes países. Ao acto acudiron os presidentes da Deputación e CEO, Manuel Baltar e Manuel Pérez Canal.

Esta acción formativa está encadrada dentro do programa SIRE ( Servizo Integral de Reforzo Exportador), que comezará pola súa fase cero e Albizu é o coordinador deste programa a través dunha estratexia definida especialmente para pequenas e medianas empresas sen experiencia neste campo da internacionalización. Esta primeira acción formativa levouse a cabo no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación onde o economista vasco debullou o programa “destinado a solventar os puntos máis deficientes da situación actual, que radica na escaseza de empresas exportadoras” e iso débese, dixo, porque a pesar de dispor de produtos de calidade, “a situación competitiva, o inicio da exportación ten dúas dificultades claras; unha delas é o tamaño ; a outra, o resolver os riscos iniciais da exportación, por falta de coñecementos, experiencia e profesionais axeitados, isto convírtese nunha auténtica dificultade para realizar a exportación”.

Albizu sinalou que “somos conscientes de que para poder apoiar ás pequenas e medianas empresas a que inicien a exportación necesitamos profesionais de Comercio Exterior que coñezan a forma de axudar aos procesos, que o fagan cun carácter próximo, de coñecemento dos sectores da nosa rexión e a un custo asumible”.

Tendo en conta as cuestións mencionadas, coa colaboración da Deputación de Ourense, a CEO decidiu acometer este programa na liña do que vén denominarse tecnicamente “programas de iniciación á exportación en fase cero”. Estes programas caracterízanse por axudar ás pequenas empresas que teñan un produto exportable nos seus primeiros pasos de exportación, cun apoio moi próximo a través de pequenas células de mozos profesionais especializados, e moi ben formados especificamente para acompañar ás empresas a que dean eses primeiros pasos con baixo custo, e en condicións de absoluta transparencia para que as empresas poidan visualizar a realidade da exportación, é dicir, as vantaxes pero tamén as dificultades e poidan, por tanto, decidir o grao de implicación que deben acometer nos procesos de exportación.

 

Segundo Pérez Canle, “na das ideas fixas coas que traballamos na Confederación de Empresarios consiste en que as empresas ourensás deben saír ao mercado exterior. Contamos con empresas solventes e ben xestionadas que xeran produtos de excelente calidade e ben valorados nos mercados externos, o cal abona a tese de que debemos tentar levar a nosa mercadoría a calquera lugar do mundo no que se dean as condicións adecuadas para tentar facer negocio?. Baltar, pola súa banda, engadiu que a Deputación “será colaborador necesario nesta tarefa de buscar fuguro para as empresas ourensás”.

Artigos relacionados

Back to top button