EconomíaEconomíaÚltima hora

A CEO editará uha publicación cun repaso polos seus 40 anos de vida

A entidade cumple catro décadas e hoxe presentaron o calendario de actos, previstos para outono, ante o presidente da Deputación, Manuel Baltar
Os directivos da CEO e Manuel Baltar na reunión no Pazo Provincial.

O presidente da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), José Manuel Pérez Canal, e distintos membros desta entidade, acudiron hoxe, 6 de setembro, ao Pazo Provincial para unha recepción co presidente da Deputación, Manuel Baltar. Esta recepción fíxose co gallo do 40 aniversario da CEO.

Pérez Canal presentoulle ao presidente provincial o programa de actividades que desenvolverá a entidade para conmemorar dita data, iniciativas que comezarán a principios de outono e entre as que figura a edición dunha publicación que repasa estes 40 anos de actividade institucional e profesional da CEO.

Pola súa banda, Manuel Baltar felicitou aos directivos da Confederación Empresarial “por estas catro décadas de labor a prol da competitividade da provincia de Ourense e pola defensa dos intereses das empresas ourensás”, e destacou “a permanente cooperación que mantén a Deputación coa CEO, unha alianza que ten como obxectivo seguir avanzando nos proxectos que favorecen ao emprego, a innovación e á internacionalización da nosa provincia”, dixo.

Xunto a Manuel Baltar e Pérez Canal participaron na reunión os vicepresidentes da CEO Alejandro Cruz, Manuel Maneiro e Jose Manuel Díaz; a contadora Rosa Mª Sánchez; o tesoureiro, Juan Manuel Piñeiro, e o secretario xeral, Jaime Pereira.

Artigos relacionados

Back to top button