OurenseÚltima hora

A CEO mantén un encontro bilateral cos empresarios da misión americana

A vicepresidenta da CEO, Marisol Nóvoa, presentoulles tamén a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
Os empresarios ourensáns e estadounidenses na xuntanza. // Foto: Carlos Asensio.

A Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) organizou hoxe, 7 de xullo, un encontro cos empresarios estadounidenses que están en Ourense na misión USA-Ourense organizada pola Deputación. Neste encontro, empresarios ourensáns e estadounidenses estableceron liñas de contacto para futuros necgocios.

A anfitriona desta xuntanza foi a vicepresidenta da patronal ourensá, Marisol Nóvoa Rodríguez, quen lles explicou como funcionaba o tecido empresarial ourensán “con grandes empresas e compañías moi competitivas no mercado internacional”. A vicepresidenta tamén explicou que a CEO está a levar a cabo un programa de axuda á internacionalización das empresas socias a través do programa “ExportOU”, en colaboración coa Deputación.

Con todo, tamén lles explicaron aos seus convidados do país Norteamericano a posición xeográfica estratéxica de Ourense e Galicia, salientando a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como un dos principais eixos económicos do noroeste peninsular.

A CEO presentoulles o seu programa de internacionalización “ExportOU” // Foto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close