EconomíaEconomíaÚltima hora

A CEO non aportará vogais ao pleno da Cámara de Comercio de Ourense

A decisión tomábase nunha reunión da xunta directiva desta organización empresarial celebrada na tarde do 19 de febreiro
Imaxe da xunta directiva da CEO, celebrada na tarde do 19 de febreiro.

A xunta directiva da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) mantiña na tarde do 19 de febreiro unha reunión para abordar se se aportaban ou non os cinco vogais que lle corresponden no pleno da Cámara de Comercio de Ourense. Esta entidade cameral ten aberto un proceso electoral, despois de que os seus dirixentes presentasen a demisión o pasado 28 de novembro.

Na xunta directiva da CEO constatábase “a inexistencia de oito empresas (cinco titulares e tres suplentes) dispostas a situarse como representantes desta entidade no pleno da Cámara”, segundo se informa dende esta organización empresarial.

“No debate xerado no decurso da xunta directiva quedou constancia do respecto á Cámara, pero a negativa a formar parte do próximo pleno da entidade foi xeral, dado que tampouco existen garantías de que poidan aparecer a outra vintena de membros da organización cameral á marxe da CEO que acepten o reto de asumir a xestión”, segundo se indica dende a CEO.

Artigos relacionados

Back to top button