En portadaÚltima hora

A CEO pon en marcha o programa de formación “Dixitalízate”

Está incluído no plan estratéxico desta organización empresarial e formará en novas tecnoloxías a 80 traballadores en activo
Presentación do programa “Dixitalízate”, que promove a CEO.

Mellorar o coñecemento en novas tecnoloxías e contribuír á modernización das empresas. Ese é o obxectivo principal do programa “Dixitalízate” que porá en marcha a Confederación Empresarial de Ourense para formará a 80 traballadores en activo. Esta actividade conta co apoio do Igape está incluído á súa vez iniciativa “Incorpórate” que forma parte do Plan Estratéxico da CEO.

O programa presentábase o 29 de decembro na CEO, nun acto que contaba coa asistencia do seu presidente, José Manuel Pérez Canal; de Fany Suárez Mansilla, responsable de Programas da Área de Competitividade del IGAPE; e de César González, consultor de marketing, que se encargará de impartir esta acción.

Con “Dixitalízate” preténdese “contribuír á transformación dixital das empresas”, indicaba José Manuel Pérez Canal, por iso a través desta acción formativa “impulsaremos o manexo de ferramentas online tan actuais como as webs responsivas, ferramentas Google, SEO, Blogs, Newsletters Mail Marketing, Redes Sociais, YouTube, Google Adwords, Publicidad Display e Comercio Online”.

Desenvolverase en dúas tandas, con 40 prazas para cada unha. A primeira dará comezará o vindeiro 1 de febreiro e o prazo de inscrición xa está aberto. O presidente da CEO tamén informaba de que dentro do Plan Incorpórate “xa puxemos en marcha otras iniciativas en O Barco, Verín e O Carballiño, destinadas a empresarios e comerciantes a provincia para mellorar a súa competitividade a través do coñecemento e uso das TIC’s”.

Artigos relacionados

Back to top button