EconomíaEconomía

A CEO pon en relevo a importancia da actuación inmediata tras un accidente laboral

 

Borja Ríos, José Manuel Díaz e José Fernández.

A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) acolleu hoxe, 26 de xuño, unha xornada sobre “Siniestraliedade Laboral. Como actuar nas 24 horas seguintes ao accidente de traballo?, organizada pola propia CEO en colaboración co despacho Garrigues de Vigo.

Como relatores actuaron Borja Ríos González e José Fernández Iglesias, ambos os dous avogados e expertos en siniestraliedade laboral.

Durante as súas respectivas intervencións expuxeron cal é o proceder das empresas tras o desafortunado acaecemento dun accidente laboral no seo da empresa. Neste senso, apuntaron que a experiencia demostrou que unha rápida, eficiente e coordinada xestión nas primeiras horas posteriores, redunda positivamente nos eventuais custos e responsabilidades que poden derivarse do mesmo. A presentación correu a cargo de José Manuel Díaz Barreiros, vicepresidente da CEO.

Artigos relacionados

Back to top button