ConcellosÚltima hora

Certame de Nadal da Escola Municipal de Música de Trives e obradoiro na biblioteca

Este concerto, que terá lugar no auditorio da vila, comezará a partires das 19:30h. do 21 de decembro
Imaxe do certame do pasado ano./ Foto: Concello de Trives.

Con música estase a dar a benvida ao Nadal en Trives. Así, tras o concerto da Coraliña Cantora e do Orfeón Trivés, agora tomarán o relevo os alumnos da Escola Municipal de música. Así o vindeiro venres, día 21 de decembro, o Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives acollerá o tradicional Certame de Nadal deste centro formativo.

O certame dará comezo ás 19:30h. abrindo o acto os alumnos de guitarra, logo será a quenda dos alumnos de piano, que actuarán en dous bloques, e no medio destes a Rondalla Esmorga, rondalla da escola de música, interpretará dous temas. Todos xuntos acompañados polos seus mestres, interpretarán unha panxoliña para poñer peche ao evento desexándonos unhas boas festas.

Obradoiro de Nadal na Biblioteca

Pero non só hai música. Dende a Biblioteca Municipal da Pobra de Trives dan comezo ao Nadal cunhas divertidas manualidades para os máis cativos, que consistirán en crear e decorar con motivos relacionados con estas datas.
O obradoiro de nadal é mañá martes, 18 de decembro, ás cinco da tarde na Biblioteca. Esta actividade vai dirixida a nenas e nenos de 4 e 12 anos. Ata os 6 anos deberán estar acompañados dunha persoa adulta.

 

Artigos relacionados

Back to top button