ConcellosÚltima hora

Cesión da Igrexa de Santa Isabel ao Concello de Castro Caldelas para convertila en museo de arte sacro

 

O Salón Nobre do Castelo de Castro Caldelas convertíase neste venres ás 12h. en escenario da sinatura, ante notario, da cesión por parte do Bispado de Ourense ao Concello da Igrexa de Santa Isabel de Cimadevila para convertila en Museo de Arte Sacro. Ao acto, no que se cumprían os protocolos sanitarios, asistía o bispo de Ourense, monseñor Leonardo Lemos, e a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, así como o delegado de Recursos Económicos, os curas párrocos da Pastoral de Caldelas, os concelleiros e membros de FEGALCAT, entre outras persoas.

Tras a sinatura, os asistentes trasladábanse á Igrexa de Santa Isabel para facer entrega das chaves e recoñecemento da propiedade. Seguidamente, as autoridades locais e os representantes da Diócese, achegábanse ao Santuario dos Remedios, para facer acto de entrega dun cadro.

“O Sr. bispo de Ourense asinou a cesión desta igrexa no Salón Nobre do Castelo da vila. E o Concello cedeu ao Santuario dos Remedios un cadro de San Sebastián do pintor malagueño Francisco Naranjo que foi obsequiado a esta Administración pola Federación de Asociacións de Entidades Galegas en Cataluña na entrega dos Premios ALECRÍN celebrados na vila”, sinala a alcaldesa de Castro Caldelas, que tamén anuncia que “en breve comezarán as obras de rehabilitación da edificación para acondicionado do Museo que formará parte de unha das seccións museísticas deste Concello”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button