CulturaCulturaÚltima hora

Chamada ao voluntariado para a limpeza do Castro do Castrelao (A Pobra do Brollón)

A actividade realizarase o sábado 16 de outubro ás 9h da mañá, segundo informa a Asociación Veciñal de Vilachá de Salvadur

Vista área do Castro de Castrelao./ Cedida.

 

A Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur (A Pobra do Brollón) está a promover un proxecto de posta en valor do Castro do Castrelao. Esta campaña, dirixida polo arqueólogo Luís Cordeiro, e dará continuidade á primeira intervención realizada en 2018 baixo a dirección de Iván Álvarez Merayo.

Neste senso, dende esta entidade solicítase “a colaboración de veciños e veciñas da nosa e doutras parroquias lindantes así como a calquera persoa que queira colaborar coa recuperación do patrimonio histórico da Ribeira Sacra. Esta colaboración consiste na limpeza manual de dúas áreas do castro: a croa e o antecastro. As persoas voluntarias terán que traer o material propio (desbrozadora ou semellante) e anotarse enviando un correo cos seus datos e contacto ao enderezo electrónico vilachasalvadur@gmail.com“.

A actividade realizarase o sábado 16 de outubro ás 9h da mañá. O lugar de encontro será o Campo da Festa, nas adegas de Vilachá de Salvadur.

Así mesmo, a Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur matiza que “as persoas que participen farano sempre a título persoal, baixo a súa responsabilidade e de maneira completamente voluntaria. A asociación non se fai responsable de posibles accidentes que poidan sufrir tanto persoas como o material propio”.

Ademais, ao rematar as tarefas de limpeza haberá uns pinchos acompañados de bebida nas adegas a cargo da Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur.

Artigos relacionados

Back to top button