Co Enterro da Sardiña ou coa queima do Meco poñíase fin ao Entroido en diversos puntos da provincia de Ourense. Entre as chamas remataba o símbolo do tempo de troula, tras uns intensos días de celebración.
No caso do Barco, a localidade celebraba o Enterro da Sardiña na tarde do Mércores de Cinza. A partires das oito da tarde unha comitiva fúnebre, entre lamentos, cánticos e versos en tono satírico percorría o casco antigo. Despois, o Meco facíase estoupar no centro da praza Maior, despedindo así o Entroido.
Máis información e fotos:
https://osil.info/especiales/entre-choros-satira-e-lume-o-barco-di-adeus-ao-entroido/#!