EconomíaEconomíaÚltima hora

Chandrexa de Queixa acolle a súa Festa do Cordeiro

Terá lugar o vindeiro sábado 31 de agosto, con diversas actividades para grandes e pequenos

 

Cordeiro. Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Festa do Cordeiro de Chandrexa de Queixa terá lugar o vindeiro sábado 31 de agosto. As actividades comezarán pola mañá e prolongaranse ata a madrugada.

Unha desgustación gratuita de cordeiro ao espeto inaugurará as actividades ás 12:30 horas. Así, o xantar popular, cun prezo de 17 euros, terá lugar ás 14:30 horas. O menú consistirá en empanada de iscos, pementos, cordeiro ao forno, bica, viño, café e e licores. Ademais, durante toda a mañá a charanga Os Bertolini, será a encargada de animar a festa e haberá inchables para os nenos de 15:00 a 22:00 horas.

Ás 18:30 horas haberá festa a cargo do trío Karma, para que ás 20:30 horas teña lugar unha gran pancetada. Así, a verbena estará a cargo da orquestra Funçao Públika e a disco móbil A Gramola.

A venda de entradas será limitada e as persoas interesadas terán ata o día 25 de agosto para adquirila en distintos lugares de venda: Chandrexa de Queixa (Bar Gerardo, Bar Cardiego e Casa do Concello), Castro Caldelas (Bar Rubio), Montederramo (Bar Álvarez Taxi), A Pobra de Trives (Cafetería Sky e Ferrretería Medina), ou chamando ao número 616 046 987.

Artigos relacionados

Back to top button