EconomíaEconomíaÚltima hora

Chandrexa de Queixa, un dos concellos pioneiros na rede de caixeiros no rural

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos visitou hoxe os servizos financeiros neste concello ourensán

 

Na mañá deste martes 15 de marzo, o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos visitaba os novos servizos financeiros que o Goberno galego vén de poñer en marcha en Chandrexa de Queixa, un concello que levaba máis de 10 anos sen ter servizos bancarios e no que os veciños tiñan que facer percorridos de ida e volta de máis de 30 quilómetros para sacar cartos.

Durante a súa visita, Corgos subliñou o compromiso da Xunta para garantir a prestación de servizos financeiros de calidade a todos os galegos e galegas con independencia do seu lugar de residencia, explicando que con este novo servizo “os veciños de Chandrexa de Queixa disporán de caixeiros automáticos, dun servizo de asistencia financeira co que poder solucionar calquera dúbida e contratar produtos coma nunha oficina bancaria convencional, e dun servizo de formación financeira e banca electrónica para que poidan empregar os servizos bancarios a través das novas tecnoloxías”.

 

O alcalde de Chandrexa, Francisco Rodríguez.

 

O financiamento corre a cargo da Xunta polo que o Concello non tivo que facer ningunha achega económica e só cedeu e acondicionou os espazos necesarios para a instalación dos caixeiros e a prestación dos servizos de asesoramento financeiro e formación.  

Miguel Corgos explicou que semana a semana iranse ampliando estes servizos financeiros en cada un dos 38 concellos que se adheriron á iniciativa froito do acordo entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), coa colaboración de Abanca para achegar unha solución a máis de 51.000 galegos e galegas. Na provincia de Ourense, ademais de Chandrexa de Queixa, xa están en funcionamento estes servizos no concello de Arnoia.

Na visita a Chandrexa, o conselleiro estivo acompañado polo alcalde do concello, Francisco Rodríguez e polo delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén e directivos de Abanca, entre outros. O rexedor deu as grazas aos asistentes asegurando que a inauguración do caixeiro “é moi importante para que a os meus veciños e veciñas teñan o servizo necesario para non ter que desprazarse 20 quilómetros a outra sucursal”, dixo, destacando a importancias destas iniciativas para o medio rural, “senón teremos que desaparecer”.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button