Chandrexa de QueixaConcellosManzanedaSan Xoán de RíoTrivesÚltima hora

Chandrexa, Manzaneda, Río e Trives solicitan, de forma conxunta, un obradoiro de emprego

O proxecto presentouse ante a Xunta baixo o nome de "Macizo Central" e propón unha acción formativa en actuacións ligadas ao medio ambiente

Exterior do Concello de Chandrexa, que coordina o proxecto deste obradoiro de emprego.

 

Chandrexa de Queixa, San Xoán de Río, A Pobra de Trives e Manzaneda veñen de presentar a primeiros de marzo de forma conxunta un proxecto ante a Xunta para solicitar un obradoiro de emprego nestes catro municipios que compoñen a comarca das Terras de Trives.

“O proxecto, ao que lle puxemos o nome de “Macizo Central”, é entre os catro concellos e está dedicado a actuacións relacionadas co medio ambiente, por exemplo, á apertura e limpeza de rutas de sendeirismo, que permitan seguir promovendo do turismo na zona, así como a outras actuacións de acondicionamento e limpeza ambiental”, explica Francisco Rodríguez, alcalde de Chandrexa de Queixa, concello que está a coordinar o proxecto.

A solicitude de obradoiro presentado supón unha acción formativa con 9 meses de duración (3 deles de formación teórica e os 6 restantes con diversas actuacións nos catro concello) para, nun principio, un total de 20 alumnos da comarca trivesa.

Os catro concellos esperan agora a resposta da Xunta para ver se o proxecto se pode, finalmente, converter nunha realidade.

Artigos relacionados

Back to top button