EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Chanfainas, un novo concepto de restauración sostible en Valdeorras

O local de hostalaría está ubicado na rúa San Mauro do Barco

O antigo Agarimo, ubicado en pleno casco vello do Barco de Valdeorras, reabría as portas na tarde do 20 de xullo. E facíao con nova xerencia, novo nome e nova filosofía.

Óliver Fernández Batista e Tomás Araújo Romano, naturais do Barco, veñen de poñer en marcha un novo establecemento de hostalaría centrado na sostibilidade: Chanfainas. É o nome que elixiron para o local situado na rúa San Mauro Nº 3, no que unicamente traballan con produtos de granxa e horto sostibles e ecolóxicos, moitos vinculadaos á sua propia granxa (de Galo e Galiña de Mos) na localidade barquense de Soulecín, e outras coa mesma filosofía de produción.

Tanto Óliver como Tomás son cociñeiros e da súa cociña saen pratos elaborados con produtos 100% naturais apostando ademais polo local. “A nosa filosofía é traballar pola sostibilidade e por un planeta saudable e así poñemos o noso gran de area”, explica Óliver, asegurando que todos os produtos cos que traballan proceden de Galicia, norte de Portugal, noroeste de Castela León e Asturias.

O local, totalmente renovado, está estruturado en dúas partes: a dianteira, centrada nas tapas (croquetas, carnes, ensaladas, menestra, empanada,…); e a posterior con capacidade para 12-14 persoas na que ofrecen menús degustación de sete pratos. Ademais dos produtos (carne, verdura, hortalizas,…) tamén apostan polas bebidas naturais, especialmente polo viño e a cervexa artesá.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button