ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A charanga Os Imparables pon son á procesión de Santa Mariña en Rubiá

O barrio de Xeadre celebra esa fin de semana as festas na honra á patroa

Despois da sardiñada popular por xentileza da comisión de festas, celebrada na tarde-noite do sábado 15 de xullo, o barrio de Xeadre en Rubiá volve ser protagonista na xornada do domingo día 16.

Para honrar á patroa do pobo, Santa Mariña, os devotos acompañaban á imaxe da santa na procesión polas rúas do barrio que comezaba ás 12h. ata a igrexa parroquial onde tiña lugar a eucaristía.O son ao percorrido por boa parte de Rubiá, baixo un sol de xustiza, poñíao a charanga Os Imparables.

A festa continúa esta tarde con baile a cargo da orquestra Tokio.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button