CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Charcas con Vida, en Allariz

Esta actividade de educación ambiental, organizada por Adega, desenvolverase o 8 de maio no Centro Ambiental de O Rexo
Cartaz da actividade "Charcas con vida" en Allariz.
Cartaz da actividade “Charcas con vida” en Allariz.

A Reserva da Biosfera de Allariz e, máis concretamente, o Centro de Educación Ambiental de O Rexo, acollerá o vindeiro 8 de maio unha xornada de voluntariado ambiental no marco do programa “Charcas con Vida”, que se promove dende Adega.A actividade comezará ás dez da mañá cunha charla divulgativa, e, de seguido os asistentes participarán na construción dunha charca. O programa continuará pola tarde.

“As charcas ou pozas son pequenos pero importantes espazos para a conservación da biodiversidade, e tamén un importante recurso didáctico para a educación ambiental. Anfibios, aves, invertebrados … e tamén certos tipos de plantas ou algas son algún exemplos dos seres que se ven favorecidos por este tipo de actuacións. Dende o proxecto Charcas con Vida achegamos a cidadanía a estes lugares e damos ferramentas válidas para a súa conservación”, explican dende esta asociación ecoloxista.

Para participar nesta actividade é preciso inscribirse nos tlfs: 981 57 00 99 ou no 669 80 69 08; tamén por correo electrónico: lucia@adega.info.

As actuacións realizaranse no Ecoespazo O Rexo, tal e como se informa dende a organización, grazas a un acordo de custodia entre as partes interesadas neste proxecto. A custodia do territorio é unha ferramenta de conservación do patrimonio consistente no acordo entre unha entidade de custodia (ONG, concello, etc) e un propietario ou propietaria para conservar ou recuperar os valores ambientais e culturais dun espazo concreto.

Charcas con vida é unha iniciativa que conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button