CulturaCulturaEducación

Charla de divulgación científica de Jorge Mira no IES García Barbón de Verín

O seu libro  “A ciencia no punto de mira” foi elixido polos Clubs de Lectura do instituto verinés
Jorge Mira durante a charla no IES García Barbón.

O instituto verinés acollía o pasado 10 de febreiro, unha charla de divulgacion científica a cargo de Jorge Mira. Na presentación do acto, o director do centro Daniel Veiga asegurou que “ler é unha actividade principal para informarse e aprender” e que “adquirir e consolidar o hábito de ler de forma habitual aporta unha manchea de vantaxes e axúdanos a vivir plenamente”. O libro de Jorge Mira “A ciencia no punto de mira” foi elixido polos Clubs de Lectura do centro e dun xeito “ameno e con chispa”, o autor achegou a ciencia e a lectura aos alumnos.

Doutor en Física con Premio Extraordinario, Mira é profesor (catedrático) da Universidade de Santiago de Compostela, académico correspondente da RAG e membro do Consello da Cultura Galega. Autor dun cento de publicacións científicas, foi premiado en varias ocasións polo seu traballo de investigación.  Colaborou na TVE-2, na Radio Galega e no programa “Cifras e letras” da TVG, desenvolvendo asemade un activo labor como divulgador científico que o levou ata o IES García Barbón de verín.

Artigos relacionados

Back to top button