PolíticaÚltima hora

Charla-debate sobre a guerra de Ucraína, o 19 de marzo no Barco

Terá lugar a partir das 18h. no edificio multiusos da vila

 

O vindeiro sábado 19 de marzo está prevista no Barco unha charla-debate para denunciar a guerra de Ucraína “para mostrar a nosa solidariedade concreta cos cidadáns ucraínos e para poder intercambiar opinións sobre que repercusiones pode ter para o noso país e para a nosa xente”, din os promotores da iniciativa.

O acto está previsto para o sábado 19 de marzo a partir das 18h. no salón de actos do edificio mulitusos da vila. Nel anunciouse a participación de representantes de diferentes entidades políticas e sindicais: BNG (Jesús Vilasanchez), PUM+J (Rafael Fernández Alonso), UXT (Diego Fernández), USO (Juan Esteban Méndez Leiva ) e UCE (Carlos Vázquez).

Artigos relacionados

Back to top button