ConcellosO BarcoÚltima hora

Charla e exposición sobre a Unión Europea, o 6 de xullo no Barco

Ambas actividades serán promovidas dende a Fundación CupaGroup

Publicidade
Salón de actos do edificio multiusos do Barco./ Foto: A.R.

 

O vindeiro martes 6 de xullo o edificio multiusos do Concello do Barco acollerá, a partir das 9:30h., unha charla coloquio sobre a Unión Europea baixo o título “Que UE se quere para o século XXI dende zonas despoboadas e con escasos recursos tecnolóxicos, económicos e sociais”.  A sesión vai dirixida á poboación en xeral e está promovida dende a Fundación CupaGroup xunto co Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación.

Ademais ese mesmo día, pero pola tarde, en horario de 17h. a 20h. tamén no edificio multiusos poderá visitarse unha exposición retrospectiva da UE dende as súas orixes ata a actualidade. “Queremos que a xente da comarca afonde en que é a UE e en como podemos obter beneficios dela”, din os promotres. A entrada será gratuíta.

Artigos relacionados

Back to top button