EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Charla informativa na D.O. Monterrei sobre liñas de apoio a afectados polas xeadas e o pedrazo

Un dos momentos da charla informativa impartida no CRDO Monterrei.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei acollía na mañá do 10 de outubro unha sesión informativa sobre liñas de apoio ao acceso e adecuación de financiamento a explotacións produtoras e transformadoras de uva afectadas pola xeada e o pedrazo. Estas axudas instruméntanse a través dun convenio entre o IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca.

Na charla contábase coa presenza da titular do consello regulador, Lara Da Silva, e do xefe de área e a técnico da Oficina Agraria de Verín, Castor Gago e Paula Vázquez, respectivamente. No decurso das súas intervencións presentaban aos asistentes o contido destas liñas, os beneficiarios aos que se dirixen, as súas condicións e características, tipos de intereses e comisións, compatibilidade, límites ou tramitación, entre otras cuestións. Tamén solventaban as diferentes dúbidas que ían xurdindo.

“O motivo fundamental desta charla informativa é que ninguén do sector vitivinícola, que poda verse beneficiado destas axudas, non o faga por puro descoñecemento ou por no saber a que entidades dirixirse”, sinalaba a presidenta da D.O. Monterrei, Lara da Silva. E engandía que, “tanto o Consello Regulador como a Oficina Agraria de Verín, estaremos a disposición dos afectados para informarlles en todo aquilo referente a esta liña de apoio”.

Artigos relacionados

Back to top button