ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Charla informativa no Barco sobre a folga de mulleres do 8 de marzo

O salón de actos do edificio multiusos do Barco acollía na tarde do 28 de febreiro unha charla informativa sobre a convocatoria da folga de mulleres do 8 de marzo. No acto, que presentaba o concelleiro de Servizos Sociais barquense, Orlando Saavedra; participaban María González Albert, concelleira do BNG na Rúa; Noela Blanco Rodríguez, deputada socialista por Ourense no Parlamento galego; e Carmela Docampo, de CCE Podemos.

Tamén estaba prevista a presenza de Sabela Pérez Martín, membro do Movemento “Galegas 8M”, quen con puido asistir debido aos problemas coa neve nas estradas. Tal e como se comentaba nas intervencións, este acto tamén estaba aberto á participación dunha representante do PP, pero finalmente non houbo representación.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button