EconomíaEconomíaÚltima hora

Charla informativa sobre a avespiña do castiñeiro en Viana do Bolo

Está programada para o xoves 21 de xuño ás 11h. na Casa da Cultura desta localidade
Imaxe dunha árbore afectada pola avespiña./ Foto: Carlos G. Hervella.

A expansión da avespiña do castiñeiro polos soutos vianeses preocupa, e moito, aos produtores desta zona da provincia de Ourense. Co fin de achegar un maior coñecemento sobre esta problemática o vindeiro xoves 21 de xuño terá lugar na Casa da Cultura de Viana do Bolo unha charla informativa sobre esta praga, considerada a máis grave a nivel mundial para este cultivo.

Esta charla, que terá lugar ás 11h. na Casa da Cultura vianesa, será impartida por Sheila García Freitas, xefa do Distrito XIV Verín-Viana e por persoal técnico do mesmo, segundo o aviso feito público polo Concello de Viana do Bolo.

Artigos relacionados

Back to top button