DeportesÚltima hora

Charla introdutoria ás carreiras de orientación, no Barco

A conferencia terá lugar o 30 de xaneiro a partires das 10:30h. no pavillón de Calabagueiros
Proba de orientación indoor en Calabagueiros. /Foto: Mónica G. Bellver.
Proba de orientación indoor en Calabagueiros. /Foto: Mónica G. Bellver.

O sábado 16 de xaneiro celebrábase no pavillón de Calabagueiros do Barco a primeira proba da liga valdeorresa de orientación 2016 en sesión indoor (primeiro con luz e despois ás escuras), organizada polo Club Peña Trevinca Barco, coa participación dunha vintena de deportistas de tódalas categorías, tendo previstas máis actividades para finais de mes.

O vindeiro sábado 30 de xaneiro ás 10:30h. terá lugar no mesmo pavillón polideportivo, unha charla introdutoria ás carreiras de orientación onde se explicará a temática das mesmas, así como o material necesario e o seu uso (mapa, brúxula, etc).

O presidente do Club Peña Trevinca, Pablo Aller, dando os resulados da proba. /Foto: Mónica G. Bellver.
O presidente do Club Peña Trevinca, Pablo Aller, dando os resulados da proba. /Foto: Mónica G. Bellver.

Ese mesmo día pola tarde celebrarase a segunda sesión da liga valdeorresa na área recreativa O Salgueiral, con percorridos para todas as categorías. Os interesados poderán formalizar a inscrición a partires das 16:15h. e xa en torno ás 17h. sairán os primeiros participantes.

Os interesados en participar na charla deberán apuntarse no correo: socios@clubtrevincabarco.org, indicando nome e teléfono.

Artigos relacionados

Back to top button