Galerías de fotosÚltima hora

Charla en Manzaneda da Plataforma Sanitaria de Valdeorras sobre a reforma da Lei de Saúde

Continúan as charlas informativas que a Plataforma Sanitaria de Valdeorras está a impartir por diferentes puntos do oriente ourensán para explicar as implicacións que terá para esta zona o anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galicia. Unha das últimas tiña lugar no salón de plenos do Concello de Manzaneda na tarde do 5 de setembro.

A consecuencia máis evidente desta modificación da lei, segundo expoñía o portavoz da plataforma, o doutor Orlando Saavedra, será a desapariación da área sanitaria de Valdeorras, conxuntamente con outras tres galegas: as de Monforte de Lemos, a Mariña Lucense e o Salnés. Ademais de veciños de Manzaneda e doutros puntos da comarca, entre os asistentes estaba o alcalde de Manzaneda, Félix Domínguez, e o deputado autonómico Davide Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button