SanidadeÚltima hora

Charla online sobre “confinamento e sono infantil”, o 24 de abril

Será impartida polo pediatra Manuel Sampedro e poderá seguirse ás 12h. na canle de youtube do Centro Médico El Carmen

 

A forma na que a situación de confinamento actual afecta ao sono dos máis pequenos da casa será analizada no decurso dunha conferencia online que o doutor Manuel Sampedro, pediatra do Centro Médico El Carmen, impartirá o vindeiro 24 de abril ás 12h. a través do canal de youtube deste hospital ourensán (https://bit.ly/2z7TFh9).

“O sono ocupa un terzo da vida dos nenos. Ao mudar a estrutura vital do seu día a día, isto afecta tamén ao espazo ocupado polo sono”, en palabras deste médico, que tamén indica que hai estimulantes naturais do sono que se ven modificados polo encerro. Por exemplo, ao estar en casa estase menos exposto á luz natural, co cal prodúcese menos melatonina, que é a hormona que induce ao sono, engade.

O doutor Sampedro tamén responderá ás preguntas enviadas en directo polos pais. Esta iniciativa forma parte da Escuela de Saúde, desta volta en formato online, do Centro Médico El Carmen, tal e como se informa dende este hospital.

Artigos relacionados

Back to top button