EconomíaEconomíaÚltima hora

Charla sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial, este venres en Monforte de Lemos

Con esta conferencia que se celebrará ás 20h. no Ateneo Casino, inícianse unha serie de eventos entorno á Ribeira Sacra que se programarán ao longo

O arquitecto Mario Crecente será o encargado de impartir a conferencia.

 

Este venres 23 de abril ás 20 horas o Ateneo Casino de Monforte de Lemos organiza unha charla sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da UNESCO a cargo do coordinador da candidatura, o arquitecto Mario Crecente.

Crecente falará dende unha perspectiva persoal dos antecedentes e evolución conceptual da candidatura de Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade, da importancia do proceso e dos logros acadados ata o momento.

Durante a charla servirase unha selección de viños comentados de castas autóctonas da Ribeira Sacra, a cargo da Adega Algueira.

Con esta charla inícianse unha serie de eventos entorno á Ribeira Sacra que se programarán ao longo do ano no Ateneo Casino xa que “estamos nun momento determinante para o futuro do territorio onde vivimos e desenvolvemos a nosa actividade”, en palabras da súa presidenta, María Loreto G. Cabanas.

A asistencia á charla é gratuíta previa reserva para cumprir coas medidas sanitarias. As reservas fanse no teléfono 648 43 5033, preferiblemente por WhatsApp.

Artigos relacionados

Back to top button