SanidadeÚltima hora

Charla sobre lactancia materna e inicio da alimentación complementaria BLW, no Barco

Será organizada pola Asociación De Nai a Nai e impartirase ás seis da tarde deste 16 de maio no seu local
Unha das charlas organizadas anteriormente pola Asociación De Nai a Nai no Barco./ Foto: A.R.

O inicio da alimentación complementaria dos bebés dende o enfoque do método Baby Led Weaning será a temática central da charla-coloquio que se celebrará esta tarde ás 18h. no local da Asociación de Nai a Nai no Barco (Casa da Xuventude, 4º andar).

“Trátase dun método de alimentación no que se van ofrecendo ao bebé alimentos sólidos a partir dos seis meses. Continúase así mantendo intacto o instinto de autorregulación do propio neno, como se estaba xa facendo coa lactancia materna a demanda”, explica Lorena Prada, presidenta da Asociación De Nai a Nai.

Ademais adianta que no decurso da conferencia “comentaremos as vantaxes desta alimentación fronte ao modelo tradicional. Trátase dunha charla-coloquio que pretende ser moi participativa. A continuación da presentación, será o turno das nais para compartir experiencias e trucos para facilitar esta etapa de transición”, asegura Lorena Prieto.

Artigos relacionados

Back to top button