SanidadeÚltima hora

Charla sobre “Lactancia materna para embarazadas”, no Barco

Será impartida dende De Nai a Nai o vindeiro 15 de maio ás 18h. no local desta entidade
Imaxe dunha charla anterior organizada dende De Nai a Nai sobre a lactancia materna./ Foto: A.R.

Achegar o mundo da lactancia materna ás futuras nais é o obxectivo dunha acción formativa que a Asociación De Nai a Nai organizará neste mes no Barco. Trátase dunha charla sobre “Lactancia materna para embarazadas”, que está programada para o vindeiro 15 de maio ás 18h. no local que esta entidade ten no Barco (no edificio da biblioteca pública, 4º andar).

Dende De Nai a Nai consideran que é “fundamental prepararse de certa maneira para a lactancia, xa que na nosa sociedade actual non convivimos con mulleres lactantes, hai moitísimos mitos ao respecto”, aseguran. De aí a importancia de charlas como esta para amosar a realidade da lactancia materna.

 

Cartel da actividade.

Artigos relacionados

Back to top button