EconomíaEconomíaÚltima hora

Charla sobre o control da Vespa velutina no Bolo o 9 de marzo

Está organizada dende o Concello e será impartida polo experto Lolo Andrade ás 16h. no colexio
O experto Lolo Andrade durante unha charla impartida anteriormente en Valdeorras./ Foto: A.R.

O verán pasado O Bolo era un dos concellos de Valdeorras nos que se detectaban e neutralizaban niños secundarios de Vespa velutina. Para dar a coñecer o que é e supón este insecto invasor, tanto para os apicultores como para os propios veciños, o Concello do Bolo organizará unha sesión informativa o vindeiro 9 de marzo ás 16h. no colexio.

Esta charla será impartida por Lolo Andrade, experto en velutina e técnico de Protección Civil de Cambre, quen falará sobre esta avespa e tamén sobre como actuar para facerlle fronte e controlala. “Esta charla vai dirixida tanto aos veciños de todo o concello, como aos apicultores e colleiteiros que son os máis afectados por esta praga. Tamén é apropiada para todos aqueles membros de Protección Civil da comarca que se adiquen á retirada de niños desta vespa”, destacan dende a organización.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close