PolíticaÚltima hora

Charla sobre o Parlamento no IES Lauro Olmo do Barco

O acto contou coa intervención dos exdeputados Daniel Barata, Margarita Rodríguez e Mª Xosé Vega
Os exdeputados durante a conferencia.
Os exdeputados durante a conferencia. /Foto: Mónica G. Bellver.

Os exdeputados Daniel Barata Quintas (PPdeG), Margarita Rodríguez Otero (PSdeG-PSOE) e Mª Xosé Vega Buxán (BNG) achegábanse na mañá do 12 de xaneiro ata o IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorra, para impartir unha charla-coloquio sobre o Parlamento.

Trátase dunha iniciativa divulgativa organizada polo Parlamento de Galicia e a Asociación de Exparlamentarios/as, que ten como obxectivo que os estudantes poidan coñecer de preto o traballo que se desenvolve no Parlamento.

Alumnos asistentes á charla-coloquio no IES Lauro Olmo. /Foto: Mónica G. Bellver.
Alumnos asistentes á charla-coloquio no IES Lauro Olmo. /Foto: Mónica G. Bellver.

Trala proxección audiovisual, que fai un percorrido pola realidade da principal institución política de Galicia, os exparlamentarios explicaron as funcións da Cámara autonómica e a súa composición e órganos, contestando asemade ás preguntas dos asistentes.

Artigos relacionados

Back to top button