EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Charla sobre o viveiro de empresas do Barco e autoemprego no IES Lauro Olmo

Os alumnos que están a piques de completar os ciclos formativos no IES Lauro Olmo do Barco asistían na mañá do 20 de marzo a unha charla sobre o viveiro de empresas que está a funcionar neste municipio valdeorrés. A intervención corría a cargo da concelleira de Promoción Económica, Turismo, Comercio e Consumo do Barco, Irene Dacal Feijoo; e dun dos viveiristas, Francisco Camba. Ambos eran presentados pola directora do centro educativo, Amparo Quiroga.

Comezaba tomando a palabra Irene Dacal para explicar as características, capacidade e forma de funcionamento do viveiro barquense, situado na avenida de Galicia. De seguido, Francisco Camba explicaba a súa experiencia nel e tamén compartía cos presentes a súa traxectoria como emprendedor, destacando que o autoemprego é unha alternativa a ter moi en conta na actualidade. Pero tamén lles recomendaba que “antes de embarcarse nun novo negocio, hai que analizar e mirar ben as cousas”.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button