EconomíaEconomíaÚltima hora

Charlas abertas sobre o “futuro do sistema público de pensións” en Valdeorras

Unha das concentracións de CCOO e do Colectivo de Pensionistas de Valdeorras, no Barco.

A Unión Intercomarcal de CCOO de Ourense-Valdeorras xunto co Colectivo de Pensionistas de Valdeorras teñen previsto realizar durante esta semana varias charlas informativas abertas ao conxunto da cidadanía sobre “as pensións actuais e o futuro do sistema público de pensións”, en diversos concellos de Valdeorras

Esta charlas teñen como finalidade “explicarlle ao conxunto da poboación da bisbarra a situación actual do sistema público de pensións no noso país, así como poñer en común as medidas que son precisas para manter o sistema público de pensións, do xeito que permita o acceso a unhas pensións que permitan o desenvolvemento dunha vida en condicións dignas para o conxunto das persoas pensionistas e xubiladas, presentes e futuras”, explican os convocantes

O calendario destas accións comezará o mércores 11 de abril na Rúa (ás 20:00h), o día 12 de abril continuará en Vilamartín e o día 13 en Petín. “Nos tres casos será ás 20:00 h e estanse xestionando os espazos onde se desenvolverán cos respectivos concellos”, indican dende CCOO. Ademais CCOO e o Colectivo de Pensionistas de Valdeorras recollerán en Rubiá sinaturas en apoio das mobilizacións mañá martes día 10 de abril ás 12:00 h.

Ao mesmo tempo manterán as concentracións “na defensa dunhas pensións dignas e do mantemento do sistema público de pensións” todos os venres do mes de abril ás 12:00 h na praza do Concello de O Barco de Valdeorras e a manifestación do domingo, 15 de abril.

Artigos relacionados

Back to top button
Close