CulturaEducaciónÚltima hora

Charlas divulgativas do Ciclo Superior de Electricidade, no Barco e en Viana

O IES Xermán Ancochea de Trives, AEVA e Iberdrola colaboraron no desenvolvemento das xornadas

Para informar aos alumnos de 4º da ESO de 1º de Bacharelato dos contidos do Ciclo Superior de Electricidade, que no oriente ourensán só se pode cursar no IES Xermán Ancochea Quevedo de Trives, e das súas saídas profesionais, o centro trivés e AEVA poñíanse dacordo na organización dunhas xornadas de divulgación a cargo do director do centro trivés, Francisco García e do xefe de Xeración Sil de Iberdrola, Miguel Ángel López.

A primeira charla informativa tiña lugar o pasado 4 de xuño no IES Martaguisela do Barco de Valdeorra. A segunda, na mañá do 18 de xuño no IES Carlos Casares de Viana do Bolo.

A presenza do xefe de Xeración Sil de Iberdrola (unha das empresas fundadora de AEVA) nas charlas foi clave posto que a empresa contrata traballadores con esta titulación e nun horizonte de 10 anos ten previsto incorporar entre 30 e 40 traballadores con este perfil.

Artigos relacionados

Back to top button