EconomíaEconomíaÚltima hora

Charlas en Trives e no Barco sobre a nova normativa en materia de incendios forestais

Serán impartidas por Ángel Fouces, xefe do Distrito Forestal Valdeorras-Trives
Imaxe dun incendio forestal no oriente ourensán no pasado verán.

Nas modificacións na lei de incendios e na lei de montes, así como nas obrigas dos particulares nas súas fincas centraranse as charlas informativas que se impartirán na vindeira semana en Trives e en Valdeorras da man do xefe do Distrito Forestal Valdeorras-Trives, Ángel Fouces. A primeira delas terá lugar o luns 11 de xuño ás 19h. no Auditorio Julio Vázquez de Trives.

Despois, o 19 de xuño ás 20h. impartirase outra charla deste tipo no salón de actos do edificio multiusos do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button