CulturaEducaciónÚltima hora

Charlas sobre prevención de incendios forestais, en Valdeorras

Os axentes do Distrito XIII Valdeorras-Trives completan o calendario de conferencias divulgativas no CEIP Julio Gurriarán
Charla impartida no colexio Julio Gurriarán do Barco.
Charla impartida no colexio Julio Gurriarán do Barco.

Os alumnos de 4º, 5º e 6º do CEIP Julio Gurriarán do Barco, asistían na mañá do 11 de marzo á última charla divulgativa de prevención de incendios forestais nos centros escolares, levada a cabo polo Distrito XIII.

A charla foi impartida polo axente Isidro Martínez, quen explicou aos atentos cativos, os diferentes aspectos a ter en conta na prevención de incendios forestais: causas que poden provocalos, os seus efectos no medio e nas persoas, e como evitalos, entre outras cousas. A explicación tamén incluíu a proxección dun conto sobre “O home do lume”, é dicir o pirómano que prende lume aos montes.
Durante a conferencia estiveron presentes o xefe do Distrito XIII Valdeorras-Trives, Ángel Fouces e o xefe provincial en funcións, David Álvarez.

Foto: Carlos G. Hervella

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button