EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

“Charo López” celebra o 25 aniversario cun desfile no Barco

A praza Maior acollía a pasarela coa que a empresaria barquense celebra as vodas de prata no sector téxtil

Non tódolos días se celebran as vodas de prata. É unha data para lembrar e compartir cos seres queridos e todo aquel que dun ou outro xeito fixo posible chegar a esa data. Por iso a empresaria barquense Charo López, decidía celebrar por todo o alto o seu 25 aniversario no sector da moda no Barco de Valdeorras.

E facíao como máis lle gusta, a través dunha pasarela na praza Maior do Barco pola que desfilaron modelos (entre as que estaba a barquense Diana Ortiz) con algunhas das súas mellores prendas. Unhas multimarca, de estilo moi variado (dende casual ou máis sport, ata festa) e outras de elaboración propia (dende o deseño ata a confección).

Días antes deste “importante proxecto personal”, a propia Charo aseguraba que quería celebrar este 25 aniversario coa súa clientela, a consolidada e fiel que a compañou ao longo destes anos, e tamén da potencial así como con tódolos seus veciños, para que coñecesen o seu traballo. E así o fixo, porque na tarde do 8 de maio, o público ateigaba a praza Maior, disfrutando e aplaudindo cada pase, nun acto que inauguraban os nenos cun pase infantil e que contou coa presenza de moitos coñecidos e amigos entre eles, a directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro.

Fotos: Mónica G. Bellver
Máis información no Especial Santa Rita do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button