CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Chega a “Rebusquiña do 22” a Manzaneda

Peter Punk, Maskarpone e Os  Resíduos Atractivas actuarán este sábado no local da Rebusca
Maskarpone en concerto.

Con música e humor celebrarase o Nadal no local da Rebusca, en Manzaneda. En pleno mes de decembro chega a “Rebusquiña do 22”, un festival que se celebrará ese día a partir das 17h.

A esa hora subirase ao escenario Peter Punk Pallaso para facer rir ao público co seu espectáculo “Chungo que te cagas”. E xa pola noite, será o turno da música. En torno ás 23h. a banda Maskarpone presentará o seu disco “Outra Esmorga” e pasadas as doce, serán Os Residuos Atractivas os que presenten “Unha noite xa é bastante”.

A entrada será de balde e a diversión esta garantida.

Artigos relacionados

Back to top button