ConcellosÚltima hora

Chega a Trives a obra “Fuga” de Gargallada Teatro

Unha das escenas de “Fuga”./ Foto: Gargallada Teatro.

O vindeiro 20 de abril o escenario do Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives acollerá a reprentación “Fuga” de Gargallada Teatro a partires das 20:30h. Con esta peza a formación teatral valdeorresa ten colleitado diversos recoñecementos a nivel galego e estatal en certames de teatro amateur.

Trátase dunha comedia de Jordi Galcerán que conta a historia dun conselleiro, deseperado e recén dimitido por un caso de corrupción, por culpa dun xornalista. Entón recibe a visita dunha vendedora que lle cambia a vida.

As aparicións en escea dun matón, unha prostituta e o pai da vendedora, desatan unha acción trepidante, moi divertida e chea de sorpresas que desembocará nun insesperado final. As entradas estarán á venda no Auditorio trivés media hora antes de que dea comezo a función. Teñen un prezo de 3 euros.

A peza, coa dirección de Pilar Alonso e M. Caramés, está protagonizada por Lalo Santos, Reyes Lima, Manuel Caramés, Aurora Fernández e Manuel González.

 

Cartel da obra.

Artigos relacionados

Back to top button